miércoles, 5 de noviembre de 2008

Xornada do Auga de Abegondo

Esta xornada terá lugar o día 14 de novembro de 2008 no Concello de Abegondo, estando prevista a inauguración ás 9:30 horas.O seu obxectivo é facer unha presentación xeral da xestión dos recursos hídricos en Galicia, tratando temas fundamentais como o papel da cooperación no uso e xestión da auga como clave do desenvolvemento sostible; o estado de aplicación da Directiva Marco da Auga e os grandes retos que se presentan na área metropolitana de A Coruña de cara á problemática deste recurso.Para máis información colgarase en breve un tríptico informativo.

Tríptico xornada

jueves, 27 de diciembre de 2007

Xornadas Valores de Conservación naturais da Conca Alta do Río Tea en Covelo


Os compañeiros do Núcleo de Sostibilidade realizaron na Rectoral de Santa Mariña, Sede da Axencia Local de Sostibilidade de Covelo, as Xornadas sobre os valores de conservación naturais da conca alta do río Tea pertecente a Rede Natura 2000, e a exposición "Non deas ó esquecemento ..." sobre o patrimonio etnográfico dos Concellos de Pontecaldelas, A Lama, e Fornelos de Montes. Esta exposición realizada polos alumnos e profesores do I.E.S. foi premiada pola Fundación Antonio Fraguas do Museo Galego do Pobo Galego na convocatoria de premios do ano 2007. Cartel da Xornada

lunes, 12 de noviembre de 2007

"Recicla a túa mente" Campaña do Barco de Valdeorras

A compañeira Melina, envíanos o folleto informativo e de actividades sobre a campaña de concienciación para o reciclado de residuos, que se realizará os próximos días 14,17 e 18 de novembro no Concello do Barco. O Folleto pódelo baixar aquí: Folleto Cara, Folleto Envés

lunes, 29 de octubre de 2007

Reunión de los Técnicos de Sostibilidade no Concello de Covelo



O venres 26 reunímonos na Rectoral de Santa Mariña no Concello de Covelo, os axentes de Sostibilidade dos Concellos de Abegondo, Maricarmen, O Barco de Valdeorras, Melina, da Comarca de Pontevedra, Sabela e a Xerente do Programa Proder II, e Santiago do Concello de Covelo, por causas axenas a súa vontade faltaron os representantes de Allariz, e Guitiriz e Muros que ten pendente a súa contratación. Na reunión estivo como representante de la Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostibles, el técnico Marcos Fernández Francos, tamén estivemos Manuel, ADL de Covelo, e Federico, técnico de Terras das Mariñas, que dinamiza este foro.
Na reunión se comentó como iba a execución do programa en cadanseu núcleo de sostibilidade, os problemas que tiñamos, encanto a xustificación de inversións, e gasto elexible, tamén se falou da necesidade de mellorar a coordinación ca consellería e a necesidade que ésta realizase un procedemento para envío da documentación e xustificación de gasto, tamén que se solicitara ó organo competente directrices para elexibilidade do gasto. Tamén solicitouse á consellería que apoiara ós Núcleos de Sostibilidade na solicitude na petición de axudas e subvencións, tanto autónomicas, estatais ou europeas, que tiverán relación cos obxectivos a materializar polos Nucleos de Sostibilidade. Destas proposicións redactouse o documento, que se adxunta e que pódedes modificar e envialo a Santiago, por si existiera algúnha reflexión o punto a introducir no documento que se enviará a Consellería.


Documento
Fotos

martes, 23 de octubre de 2007

Reunión dos Axentes de Sostibilidade no Concello de Covelo

Os compañeiros do Concello de Covelo invitannos a participar a tódolos axentes dos Núcleos de Sostibilidade e os colaboradores as I Xornadas de Educación para a Sostibilidade que desenvolverán o Xoves 25 e o Venres 26 de Outubro (ver na entrada anterior coa información das Xornadas) e a Xuntaza que se celebrará o Venres 26 as 12:00 na Axencia de Sostibilidade de Covelo sita na Rectoral de Santa Mariña,o final da xuntaza celebrarase unha comida de confraternización na Aldea Rural o Lugar de Devas en Cernadela, co obxectivo de coñocermos e facer unha posta en común das actuacións que estámos levando a cabo nos nosos núcleos, para confirmar asistencia e a reserva no restaurante, no correo seguinte do Axente de Sostibilidade de Covelo, Santiago Barciela: axenciadesostibilidadedecovelo@gmail.com ou no correo castilloamigo@gmail.com

Actividades do Núcleo Sostibilidade da Comarca de Pontevedra

O Núcleo de Sostibilidade da Comarca de Pontevedra, fará a súa presentación oficial este mercores 24 de Outubro, ás 11:00 da maña e contará ca presenza no acto Director Xeral de Desenvolvemento Sostible, asistirán os representantes das distintas corporacións locais da comarca e está aberto aberto á poboación en xeral, neste acto realizarase a inauguración da exposición sobre o Cambio Climático: "O NOSO MUNDO, O NOSO FUTURO, A NOSA OPCIÓN" en Casal de Ferreirós (Avda. Andurique, nº43) San Salvador de Poio. Tamén nesta xornada as 9:00 está convocada unha reunión sobre a Axenda 21 Escolar Galega dirixida os centros escolares da Comarca que contará coa presenza do Coordinador da A21EG da Consellería de Medio Ambiente e asistiran os directores e encargados da xestión da A21EG dos centros escolares e a ADR. Notas informativas: Presentación do Núcleo de Sostibilidade da Comarca de Pontevedra, Inaguración da Esposición sobre o Cambio Climático "O NOSO MUNDO, O NOSO FUTURO, A NOSA OPCIÓN",Reunión Axenda 21 escolar galega.

viernes, 19 de octubre de 2007

Xornadas de Educación Para Sostibilidade Concello de Covelo

O Compañeiro da Axencia de Sostibilidade de Covelo enviounos información sobre "as primeiras xornadas de EDUCACIÓN PARA A SOSTIBILIDADE" do 16-31 de Outubro de 2007.

Estas Xornadas Incluen Charlas Informativas de temas diversos como poden ser a Arquitectura bioclimática, o paisaxismo sustentable, a xestión da Auga, etc; e un curso da sostibilidade en Internet, curso práctico onde se utiliza a Rede como ferramenta para coñercer os recursos en termos de sostibilidade e educación ambiental. máis información en: diptico,poster