martes, 23 de octubre de 2007

Actividades do Núcleo Sostibilidade da Comarca de Pontevedra

O Núcleo de Sostibilidade da Comarca de Pontevedra, fará a súa presentación oficial este mercores 24 de Outubro, ás 11:00 da maña e contará ca presenza no acto Director Xeral de Desenvolvemento Sostible, asistirán os representantes das distintas corporacións locais da comarca e está aberto aberto á poboación en xeral, neste acto realizarase a inauguración da exposición sobre o Cambio Climático: "O NOSO MUNDO, O NOSO FUTURO, A NOSA OPCIÓN" en Casal de Ferreirós (Avda. Andurique, nº43) San Salvador de Poio. Tamén nesta xornada as 9:00 está convocada unha reunión sobre a Axenda 21 Escolar Galega dirixida os centros escolares da Comarca que contará coa presenza do Coordinador da A21EG da Consellería de Medio Ambiente e asistiran os directores e encargados da xestión da A21EG dos centros escolares e a ADR. Notas informativas: Presentación do Núcleo de Sostibilidade da Comarca de Pontevedra, Inaguración da Esposición sobre o Cambio Climático "O NOSO MUNDO, O NOSO FUTURO, A NOSA OPCIÓN",Reunión Axenda 21 escolar galega.

No hay comentarios: