martes, 16 de octubre de 2007

Resumo da Xornada de Guitiriz da Axenda 21 Escolar Galega

O pasado día 9 de outubro reuniuse os coordinadores da Consellería de Medioambiente e Desenvolvemento Sostible e da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria con representantes de colexios e institutos (Melide, A Pastoriza, Guitiriz, Abegondo, Burela) e técnicos e representantes municipais dos Núcleos de Sostibilidade (Abegondo e Guitiriz) onde se dialogou entre outras cosas, sobre os pasos a dar para implantación da Axenda 21 Escolar Galega, a formación de Grupos de traballo dos profesores no Colexios e Institutos e a participación da comunidade escolar na implantación da Axenda 21 e o apoio dos Concellos Núcleos de Sostibilidade a consecución deste obxectivo.

Ademais informaron da iniciativa de facer un concurso no que poderá participar calqueira persoa maior o neno dos Núcleos de Sostibilidade ou dos Colexios onde se implante a AX21EG para a creación do Logotipo da Axenda 21 Escolar Galega as bases publicaranse próximamente, pero xa poden enviar os deseños en soporte dixital (JPG, TIFF, ou similar) o correo electrónico seguinte: educacion.sostible@xunta.es

No hay comentarios: